RECUPERACIÓN (ESO)

PLANS DE SEGUIMENTO PARA AS MATERIAS PENDENTES.

CONTIDOS ESIXIBLES
Os contidos que se esixirán para superar a materia de lingua castelá pendente dalgún curso serán os establecidos nos mínimos nesta programación.
Publicidade
Ao comezo do curso o profesor explicará estes contidos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación que estará á súa disposición no Departamento.

RECUPERACIÓN DA MATERIA EN SETEMBRO.
Para recuperar a materia realizarase unha proba escrita na que se terán en conta os obxectivos e contidos mínimos presentes nesta programación. Para superar esta proba será necesario obter unha calificación mínima de 5 puntos.

PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
O Departamento de Linguas elaborará unha serie de actividades relacionadas coa comprensión lectora e os diferentes aspectos da literatura, para que o alumno que teña a materia de lingua castelá suspensa poda ir traballándoa ó longo dunha serie de meses. Ademais se lle proporá un caderno para traballar a ortografía e a gramática.
Tamén se lle indicará ó alumno un libro que debe ler e como o debe traballar.
Indicaráselle ó alumno que materia debe traballar e estudar, así como o prazo para entregar as actividades propostas e o caderno.

ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

As actividades que deberá levar a cabo ó alumno para a súa avaliación son as seguintes:
Lectura dun libro de lectura proposto e resumo.
Realización dun caderno de actividades relacionadas coa materia do curso que teña suspenso.
No caso de non aprobar as actividades anteriores deberá realizar dunha proba escrita en maio relacionada coa materia traballada no caderno de actividades.

CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES POLA AVALIACIÓN CONTINUA

Para superar a materia de lingua castelá pendente doutro/s curso/s ó alumno deberá obter como mínimo un cinco.
As diferentes probas e actividades serán valoradas da seguinte maneira:
Resumo do libro proposto: 20%
Realización do caderno de actividades: 80%
Proba escrita de maio: 100% (para superala deberá obter como mínimo un cinco)
Os traballos (caderno de actividades e resumo do libro) deberán entregarse no prazo establecido polo Departamento, no caso de non entregarse nese prazo non se terán en conta á hora de avaliar a materia pendente, polo que terán que realizar a proba de maio.
Ademais os traballos terán que se presentar manuscritos.
Teranse en conta a presentación clara, ordenada e limpa dos traballos propostos.
Os alumnos coa materia pendente de 1º a terán superada automáticamente de aprobar a materia de 2º ESO; os que teñan suspensa a materia de 2º ESO a aprobarán se aproban a de 3º ESO; os alumnos de 3º ESO coa materia suspensa non aprobarán automáticamente aprobando 4º ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario