CONTIDOS MÍNIMOS

1º ESO

B. 1. Escoitar, falar e conversar
Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de respecto, cooperación e interese ante as intervencións orais doutros compañeiros.
Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación, rexeitando actitudes discriminatorias.
Utilización correcta da lingua castelá oralmente.
Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico.
Participación activa en debates e noutras situacións comunicativas
Interese por producir enunciados correctos respetando a quenda de palabra
B.2. Ler e escribir
Comprensión de textos escritos propios da vida cotiá e literarios
Utilización da biblioteca e das TIC para obter, organizar e seleccionar a información.
Lectura fluída de diferentes tipos de textos, respectando as pausas e realizándoa cunha entoación correcta.
Composición de textos descritivos, narrativos, expositivos –explicativos, instrutivos… repectando as regras os procedementos de adecuación, coherencia e cohesión, así como amosando unha boa presentación.
Lectura dos libros propostos para o curso.
B.3. Educación literaria
Lectura de libros propostos para o curso.
Lectura, comprensión e comentario de textos de diferente tipo: expositivos, mito, conto, lenda, periodísticos, descricións, diálogos, poéticos e teatrais.
Diferenciación dos tres grandes xéneros literarios e subxéneros.
Composición de textos sinxelos de intención literaria como: contos, descricións e cartas.
B.4. Coñecemento da lingua
Uso do léxico relacionado con: a familia, as persoas, a paisaxe, as viaxes, os heroes e fazañas, a mitoloxía, o conto, os medios de comunicación, as profesións, os espectáculos, unha alimentación sá, e actividades de verán.
Utlización adecuada dos signos de puntuación: punto, coma, punto e coma, dous puntos, signos de interrogación e exclamación; maiúsculas e minúsculas.
Uso correcto do til (palabras agudas, graves, esdrúxulas e sobreesdrúxulas), o til nos hiatos, ditongos e tritongos, e o til diacrtíco.
Emprego adecuado do B/V, H, G/J, C, Z, Qu, K.
Diferenciación entre porque, por qué e porqué.
Recoñecemento das diferentes categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, verbo, adverbio, determinantes.
Coñecemento da conxugación de verbos regulares.
Iniciación no uso dos dicionarios e enciclopedias como medios de consulta.
Emprego de sinónimos e antónimos na elaboración de textos.
Coñecemento da diversidade llingüística de España.

Publicidade
Ao comezo do curso o profesor explicará estes contidos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación que estará á súa disposición no Departamento.

 2º ESO
 
B.1.Escoitar, falar e conversar
Comprensión de información procedente dos medios de comunicación.
Participación activa en diferentes situacións de comunicación propia.
Utilización de lingua para expresar sentimentos e opinións.
Comprensión de textos orais procedentes de diferentes variedades lingüísticas: dialectos, xergas, rexistros…
Reflexión crítica con relación ás informacións que aparecen nos diferentes medios de comunicación: noticia,anuncio, película…
Comentario de textos literarios: romance, conto, novela…
B.2.Ler e escribir
Realización de esquemas, mapas conceptuais.
Adecuación e uso de conectores para a redacción de diferentes tipos de textos.
Capacidade para tomar apuntes no ámbito escolar.
Composición de textos propios da vida cotiá e textos literarios:narracións, descripcións poemas en soporte papel ou dixital coidando o uso de conectores textuais, a ortografía e a presentación
Comprensión de información procedente dos medios de comunicación.
Comprensión de textos literarios e uso da linguaxe literaria
Uso da biblioteca e das novas tecnoloxías como fonte de información e modelo para as composicións escritas propias.
Aprecio polo disfrute coa lectura
B.3.Educación literaria
Lectura de diferentes obras
Diferenciación dos principias xéneros e subxéneros literarios .
Composición de diferentes textos literarios aplicando os conceptos estudiados a partir de modelos de lectura.
Estudio e aplicación dos diferentes rescursos estilísticos.
Aplicación dos conceptos literarios no comentario de texto.
Desnvolvemento da autonomía lectora , descubrindo o placer pola lectura.
B.4.Coñecemento da lingua
Recoñecemento das diferentes variedades lingüísticas.- rexistro formal e informal- nas produccións alleas e na elaboración das propias.
Identificación e uso das diferentes clases de palabras tanto nas producións orais coma escritas.
Uso das diferentes formas verbais e os seus valores nos textos.
Recoñecemento dos principias elementos sintácticos na oración simple e a utilización de términos como: suxeito axente /paciente, predicado,sintagmas,complementos (Suxeito, CD, CI, Atributo, CAxente e CPredicativo)
Coñecemento da estrutura da lingua para aplicar de maneira lóxica nos enunciados, buscando a cohesión e coherencia.
Recoñecemento e ampliación de vocabulario: tarefas escolares,a famila,eufemismos/tabú,dialectalismos gentilicios,o cine,o deporte,o mar,o vestido, a saúde,lugares de culto,a comida,as estacións do ano, a risa
Uso do dicionario como ferramenta para ampliar vocabulario, interpretar informacións lingüísticas.
Coñecemento e uso reflexivo das normas ortógraficas para aplicalas nas producións escritas, apreciando o seu valor social.

Publicidade
Ao comezo do curso o profesor explicará estes contidos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación que estará á súa disposición no Departamento.

3º ESO

 
De acordo co departamento de Lingua castelá e Literatura hai que ter en conta unha serie de contidos que todos os alumnos deben aprender e demostrar para superar o curso:
B.1.Escoitar, falar e conversar
Expresión oral coherente e correcta, adecuándose ás distintas situacións comunicativas.
Comprensión e comentario oral de textos de diverso tipo.
B.2.Ler e escribir
Lectura, comprensión e comentario de textos de diversa natureza, resumíndoos de maneira clara e ordenada.
Expresión escrita coherente e correcta, adecuándose ás distintas situacións comunicativas (narrar, describir, argumentar, expoñer, etc.).
Comprensión e aplicación das regras ortográficas, respectando a norma lingüística.
B.3.Coñecemento da lingua
Coñecemento da situación lingüística de España e da orixe e evolución das súas linguas.
Recoñecemento e diferenciación das unidades lingüísticas da gramática segundo a súa estrutura interna (fonema, morfema, sintagma, palabra, oración, texto).
Identificación e distinción das distintas categorías gramaticales ou clases de palabras (substantivo, adxectivo, verbo, adverbio…), coa súa clasificación e funcións no interior dunha oración, a través do análise morfosintáctico.
Clasificación das oracións: polo seu significado, a natureza do verbo, a estrutura do sintagma verbal e a relación entre o suxeito e o predicado.
Análise correcta de distintos tipos de oracións simples, sinalando todos os seus complementos, tanto do suxeito coma do predicado.
Comprensión dos conceptos de coordinación e subordinación e análise de oracións compostas.
B.4.Educación literaria
Identificación dos principais rasgos temáticos e formais que caracterizan aos xéneros literarios, relacionándoos cos grandes autores españois, as súas obras e co período histórico no que se inclúen, que abrangue dende as orixes da nosa literatura (Idade Media) ata o século XVIII.
Creación de textos de intención literaria (orais e escritos), usando diferentes técnicas de construción (espacialización, descrición de personaxes, composición de diálogos, etc.).
Recoñecemento da literatura como unha forma de arte, como fonte de pracer e de enriquecemento cultural, histórico e crítico.
Publicidade: Ao inicio do curso cada docente explicará estes contidos mínimos aos alumnos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación, que estará á súa disposición no departamento.

4º ESO

B. 1. Escoitar, falar e conversar
Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de respecto, cooperación e interese ante as intervencións orais doutros compañeiros.
Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación, rexeitando actitudes discriminatorias.
Utilización correcta da lingua castelá oralmente.
Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico.
Participación activa en debates e noutras situacións comunicativas.
Presentacións orais ben organizadas sobre temas de actualidade.
Intervir en debates respectando a quenda da palabra.
B.2. Ler e escribir
Comprensión de textos escritos e identificación de ideas principais e secundarias dos mesmos.
Comprensión de textos propios da vida cotiá.
Comprensión de textos expositivos e argumentativos e análise dos mesmos.
Comprensión de textos literarios pertencentes a escritores do SXIX e XX, especialmente narrativos e poéticos e detección de temas e subtemas deles.
Utilización da biblioteca e das TIC para obter, organizar e seleccionar a información.
Lectura fluída de diferentes tipos de textos, respectando as pausas e realizándoa cunha entoación correcta.
Lectura dos libros propostos para o curso.
Composición de textos escritos.
Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais (Currículum vitae, noticias, cartas de presentación, instancias, reclamacións…), respectando as regras ortográficas, os procedementos de adecuación, coherencia e cohesión, así como amosando unha boa presentación.
Elaboración de poemas a través dos cales expresen os seus sentimentos.
Elaboración de textos expositivos, explicativos ou argumentativos compostos a partir da información obtida en diferentes fontes e organizada a través de esquemas ou resumos.
Descrición de persoas, espazos e ambientes.
B.3. Educación literaria
Coñecemento das características fundamentais da literatura castelá dos séculos XIX, XX e XXI.
Identificación dos principais autores e das súas obras das literaturas hispánicas e europeas desde o século XIX ata a actualidade.
Desenvolvemento de tarefas sobre as lecturas dos autores traballados na clase, identificando o xénero ó que pertencen, así como as súas características (tema, estrutura, recursos fonéticos, morfolóxicos e semánticos)
Lectura expresiva e comprensiva de textos narrativos, poéticos e dramáticos de autores castelás dos S. XIX, XX e XXI.
Lectura de relatos contemporáneos de diverso tipo que ofrezan distintas estruturas e voces narrativas.
B.4. Coñecemento da lingua
Uso do léxico relacionado con palabras latinas e estranxeiras.
Utlización adecuada dos signos de puntuación: punto, coma, punto e coma, dous puntos, maisculas e minúsculas.
Uso correcto do til e til diacrtíco.
Emprego adecuado do B/V, H, G/J, S/X.
Recoñecemento e uso reflexivo dos nexos e conectores textuais máis comúns.
Coñecemento dos verbos regulares e irregulares.
Recoñecemento dos diferentes tipos de frases.
Identificación das seguintes funcións sintácticas: suxeito, predicado, complemento directo, complemento indirecto, complemento circunstancial, atributo, complemento predicativo, suplemento e complemento axente.
Diferenciación entre oracións coordinadas e subordinadas, recoñecendo das súas clases e dos seus nexos principias, así como a análise das mesmas.
Identificación das variedades xeográficas da lingua castelá.
Coñecemento da orixe do español e valoración da influencia doutras linguas non noso idioma.
Valoración positiva do plurilingüísmo como expresión da riqueza cultural.
Publicidade
Ao comezo do curso o profesor explicará estes contidos de maneira oral e pormenorizada. Ademais os pais terán acceso á programación que estará á súa disposición no Departamento.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada